musicas.mus.br

Letras de músicas - letra de música - letra da música - letras e cifras - letras traduzidas - letra traduzida - lyrics - paroles - lyric - canciones - LONGO CAMIñO DE DESAPRENDIZAXE - SANGRE DE MUERDAGO - música e letra

Utilize o abecedário abaixo para abrir as páginas de letras dos artistas

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

Longo Camiño de Desaprendizaxe letra


Eu quixérame perder no mundo das pedras
Que falan entre elas, e ficar o seu carón
Eu quixera viaxar coas águias das montañas
E voar eternamente, pois eu xa non sinto nada

Eu quixera retornar ó tempo en que era neno
E perderme nos bosques para non me contaminar
Mais quixérame sumerxir coas sereas nos mares
E aprender as melodias da liberdade

Eu quixérame fundir na fragua do ferreiro
E tornarme nun coitelo, e xustiza facer
Mais ainda que así fose a escuridade caeu
E todo cubriu, eu xa non sinto nada

Mais a lúa guiarame nos camiños escuros
Levarame de volta o útero materno
E ali lembrarei a pureza esquecida
Afogada e asolagada por homes e mulleres
Por omes e mulleres
Por omes e mulleres

Ah-ah-ah-ah
Ah-ah-ah-ah
Ah-ah-ah-ah
Ah-ah-ah-ah

Sangre de Muerdago - Letras

top 30 músicas

©2003 - 2024 - musicas.mus.br